Contratos em galego de hai 600 anos

"Documento 5: Torre Xunqueiras. Dominga Domínguez e María Pérez, con outorgamento do seu marido, Pedro Calmele, doan a Gonzalo López Dózon o quiñón do casal na Eira dos Galos. 1379, novembro, 15. 1 doc. en perg., 180,5 x 220 mm. Galego, letra gótica precortesá. Sign.:29380/31."

Era de mil e cuatroçentos e XVII años, e qontados XV dias andados de novembro. Conusçuda cousa seia que eu Dominga Dominguez e eu Maria Perez con outorgamento de meu marido Pero de Calmele, que esta presente e outorga, damos a vos Gonzalo Llopez Docon o noso quinnon do casal e formaulle de Eyra dos gallos e de campo da Eyra dos Gallos en doaço, asy como doaçon pode seren mays firme e mays valledeyra entre vyvos para todo sempre. Testemoinas Fernan de Fumyneo e Llopo do Llago, Fernan Martines e Afonso Branco e outros moytos.

Eu Fernan de Lema, notario jurado por noso señor el Rey en terra de (Signo) Nemancos, a esto presente foy e confirmo e meu nome e sinal fece quee tal e.


Era de mil e quatroçentos e desa e sete anos e qontados XVI dias andados de novembre. Sabean todos que eu Elvyra de Castelo dou e doo en doaçon a vos Gonsalvo Llopez Docon, por been e defindymento que de vos reçebo, a miña leyra de sobre llavillera que topa en hun dos cabyçeyros en no mormirral e outro vay contra o llago e a mynna lleyra de Llagares que yat sobre llo agro de San Martiño de Funteyna et yat de soaao en sobre llomar et yat entre Fernan de Fumyneo e Gonçalo Eanes Doçon. E mays vos dou a meadade de tres marrdes que yat entre eyra dos Gallos et de Gonçalo Eanes a par da parrede de eyra de Gonsalvo Eanes e vem da parede da Seara ata o portall do corrall de Gonçalo Eanes. E esto vos dou con outorgamento do meu marrido, Joane Gonçales, que esta presente, e outorgo para todo sempre e que non aga poder de rovogar en vyda nen morte. Testemuños Roy Doçon, Garcia Gonçales, Fernan de Fumyneo, Garcia de Nemancos e outros moytos.

Eu Fernan de Lema, notario de Nemancos por noso señor el Rey, a esto presente foy e confirmo

e meu nome e sinal pono que tal e. (Signo)


Fonte. Achado por pesquisa específica no Arquivo do Reino de Galiza, dá este resultado sem informaçom contextual ou ligaçom para imagem do original manuscrito. O nome Torre Junqueiras alude ao lugar de onde os técnicos o levárom para o ARG.

Tamém de Torre Junqueiras procede outro pergaminho de 1363 (Sign.:29380/37) que recolhe um aforamento entre particulares. J. E. Benlloch del Río transcreveu-no nas p.16-17 de Nalgures VI (2010):

Era de mill et CCCC et hun anos et o quod XXII dias dabril, sabam todos commo eu Martin Peres dito Gordo, morador en Sarantes, et minna moller Marina Oanes, que presente esta, confesamos et outorgamos que avemos a seer parçeyros de pan lavrar de vos Johan Fernandes, fillo que sodes de Fernan Carnyçeyro de Mogia, et de vosa moller María Oanes e de vosa vos en o voso casal que vos avedes en a Villa de Sarantes, que he en a friguesia de San Giao de Moyrame, por termino de IX annos primeyros syguintes que se començaran por dia de San Miguell de setenbro primeyro que ven. A saber que vos avemos a dar a terça parte de quanto pan lavrarmos en a vosa herdade et quarta do millo, e avemos de lavrar quanta herdade vos teedes et avedes en a villa sobredita que iaz en a chousura do agro, et prometemos e outorgamos de vos non poer sennor a rostro en este termino et avemosvos a fazer çerviço duas veses en o anno, por San Miguell et por entroydo, et hunna colleyta quando partiredes voso pan e hun porquo ou XXX soldos, et avedes a min a dar por benfeytoria hun boy et hunna oytava de pan, hunna capa ou sayo de voso corpo ou hun pano que seia de a niingun, a qual benfeytoria confesamos et outorgamos que avemos ja en noso poder et en noso jur. Et eu Johan Fernandes et a dita minna moller et nosas vozes avemosvos de quitar da moeda et da fosedeyra e doutro juizo mao, a salvo dereitos de meyrim, et avemosvos de erger IIIIe casas en a dita villa en este tenpo sobredito. Et fiido este tenpo que vos Martin Peres et a vosa moller et vosa voz que vos vades con vosas avenças et con vosos corpos quitos et desenbargados de nos et de nosas voçes, salvo se deverdedes (sic) deveda sabuda, que nola pagedes ante que ende saades. Et esto se deve agardar ontre nos so penna de cc morabedís que peyte a parte que o non conprir a parte que o conprir et agardar, et a pena levada ou non levada ho praço seia firme et vala. Testemuyas Fernan Oanes, monge de Moyrame, Fernan Rodrigues de Donila? et Estevo Nunes et Joan Coseyro et Johan Alvares et outros

Eu Roy de Verdaas notario por dom Fernan Ruiaga? de Castro no sou (sic) lugar de Mugia a esto presente foy et meu nome et sinal y ponno tal (Signo).


Note-se a conversom de datas: no documento supra "Era 1417" -38 = ano 1379, no documento supra "Era 1401" -38 = ano 1363.