A retranca era do melhor de Casares. Este parágrafo, que por pouco nom vem ao caso, é glorioso:

Para colmar a súa felicidade, só necesitaba un proxecto que Ile asegurase un pequeno recuncho nos libros de historia, ou máis precisamente, recoñecemento, que por algunha razón é o que queren todos estes individuos que traballan no mundo das artes, da ciencia ou da cultura. Consideran moi importante e transcendente todo o que fan, e o que é máis preocupante, o resto da xente tamén, sobre todo para evitar a incomodidade de que os primeiros os insulten chamándolles ignorantes.


Carlos Casares
O suicidio de Jonas Björklung e outras historias