Adorei.

Adorei.

o director plantara un gran cartel onde se lía en letras negras: PROPIEDADE PRIVADA. PROHIBIDO ATRACAR.
-Baixemos a terra -dixo a avoa, que estaba moi anoxada.
Sophia parecía asustada.
-Isto é moi distinto -explicou a avoa-. Ningunha persoa educada desembarca en illa allea cando non está o dono. Pero se poñen un letreiro, sí, porque é unha provocación.
-Claro -asentiu Sophia, e así ampliou o seu coñecemento da vida.
Amarraron o bote ó letreiro.
-Isto que facemos -continuou a avoa- é un acto de protesta. Para manifestar o noso desacordo, entendes?