Agora custa acreditar...


—Non me digas! Entón por que non vindes connosco? Nós imos a Mallorca.
—Mallorca? Onde queda iso?
—É unha illa que hai fronte á costa. Chégase en poucas horas, no ferry que sae do porto de Barcelona. Imos pasar alí o permiso porque é un sitio moi bonito que ainda non está estragado.
—Si —engadiu Sheila—. Havos gustar. Está a salvo dos turistas. Polo menos de momento. É unha illa tranquila con oliveiras e paisanos amigables que falan un idioma chamado mallorquino. E ten unhas praias preciosas.

O argumento


Por simplificar ao máximo Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo é a história real dum grupo de submarinistas estadounidenses em terras (ou mais bem águas) viguesas nos anos 50, playboys (aventureiros, se resultar menos ofensivo) à caza dum tesouro esquivo. Narrada em primeira persoa polo promotor da iniciativa, além de ser interessante para amadores da nataçom sob superfície e das pesquisas no fundo do mar, decorre sobre o pano de fundo de Galiza e Espanha na plena ditadura franquista, polo que é um retrato ilustrativo da época.

Toñito faloume sobre os negocios da súa familia e as importantes —o seu adxectivo favorito— obras de arte que manexaban. Souben así do problema que estaban a sofrir os marchantes de arte españois: a esposa de Franco acosaba os galeristas de Madrid aparecendo de súpeto e levando caras obras de arte sen pagar. Para defenderse, os donos das galerías crearan un sistema de "aviso de ataque aéreo" para darse tempo uns a outros de agochar as súas mellores pezas cando ela ía de compras.

Tal como éramos :)


Paco, o bondadoso director do hotel Alameda, foi tipicamente galego cando lle preguntei o número do cuarto.
—Busca ao señor Nathan?
—Si. Cal é o seu cuarto, por favor?
—Si, xa volveu. Está aqui.
—En que cuarto se aloxa?
—Está con dous amigos.
—En que cuarto?
—Están arriba. Son tres homes nun cuarto.
—Paco! Dime o condenado número do cuarto!

Faustino Otero Lino #spoilers


Unírase a nós o home que se convertería nun amigo íntimo e no noso activo máis importante durante os próximos anos. O que non sabería ata moitos anos despois era que este pescador galego de aspecto sinxelo era un dos heroes non recoñecidos de Inglaterra na Segunda Guerra Mundial.