D'o mar pol-a orela
      mireina pasar,
      n-a frente unha estrela,
      n-o bico un cantar.
        E vin-a tan sola
      n-a noite sin fin,
¡qu'inda recéi pol-a probe d'a tola
eu, que non teño quen rece por min!

        A musa d'os pobos
      que vin pasar eu,
      comesta d'os lobos,
      comesta morréu...
        Os osos son d'ela
      que vades gardar.
¡Ai d'os que levan n-a frente unha estrela!
¡Ai d'os que levan n-o bico un cantar!


Manuel Curros Enríquez
Á Rosalía
en Obras escogidas
Aguilar (Madrid, 1956)


Hoje foi o 162º aniversário de Curros. Inimaginável atualmente umha homenagem a um poeta como se lhe rendeu na Corunha ao passamento del, "unha multitude de máis de corenta mil persoas no que foi, probablemente, o maior cortexo fúnebre na historia de Galicia." (RAG)



Imagem da comitiva fúnebre passando por Rego de Água