Semanas atrás muito me discutírom quando dixem que por ênfase o pronome átono pode adiantar o verbo. Hoje lendo O cabalo do orgullo vejo isto, que é galego cento por cento.

O libro tem erros ortográficos, tipográficos, etc. mas junto com esta velha ediçom dos anos 80 é dos poucos cujo galego adorei:



José María Proupín Fdez é o autor da traduçom da versom francesa de O Cabalo (o original é em bretom, ambas do criador, Pierre-Jakez Hélias).

Parece-me que Proupín propom um galego de velho, lindíssimo; se nom soubesse nada, nom sendo polos nomes próprios, lia o livro e pensava que o original era na nossa língua.

Entrementres, cando meu avó está libre, por veces lévame ó cabalete a Pont-Gwennou, á agra pequena, ou a Meot, á agra grande. Aí si que se está ben. Alain Le Goff ten un bo arrecendo a terra, a po e a suor. Vai ó seu paso, non se para nunca, pregúntame que vexo aló enriba, por riba do cómaro. E eu dígollo. De vez en cando, bota un trotiño para me sacolexar e facerme rir. Ou tamén, cúbrolle os ollos coas miñas mans, e el empeza a dar voltas sobre das brochas das zocas. Atopamos xente de todas clases: "¿Que é o que levas lombo. Alain Le Goff? - Un saco de algo, non sei que.- Non son un saco, son o neto do avó.- Vaites, vaites, di o outro, éche a primeira vez que sinto falar un saco." E alonga a man para apreixa-la miña. Eu son aínda tímido demais para dicir bos dias, tio, pero todo ha chegar. "¿Por que lle dixo que eu era un saco, meu avó? -Poruqe (sic) non foi ben enseñado. Debeuche falar a ti primeiro." Estou de acordo con el. Dunha do revés, enxugo as pingotas do nariz e miro arredor severamente. "Non hai que llo tomar a mal, meu avó. Falou sen cavilar, pero é un home bo." De acordo, é un bo home.