Perguntei donde podia vir Gatinheira como topónimo, se seria polo gatinheiro mas aparentemente nom é por este passaro (Certhia brachydactyla, vulgo tamém trepadeira comum) senom, dacordo co que me citam de Xosé Vidal Pérez em Catalogación toponímica do concello de Laxe, monte onde abunda o toxo gateño (Ulex nanus), do que me dim por outra parte: mato gateño é toxo baixiño espeso e de tronco e espiña delgados.