A propósito do projeto de ponte das Júbias da Corunha a Oleiros

-que persoalmente me parece aberrante- Antón explica como fam para que Estudos de Impacto Ambiental nom "amolem":
1. Argallan o proxecto construtivo que lles peta, procurando zafar do tedioso estudo ambiental ordinario (completo)
2. Se non zafan, amólalles, pero non pasa nada: toca facer o paripé de que se estudaron alternativas para minimizar o impacto ambiental
3. Fan a Alternativa 0: non facer nada, e rexeitanna con calquer burdo argumento, pois avalíanse eles a sí mesmos
4. Fan una Alternativa 4, absurda e custosa, para que pareza que lles preocupa mirar do medio ambiente e dos cartos da xente
5. E no medio, van as Alternativas 2 e 3, unha, a do proxecto xa escollido dende o principio, e outra, a mesma cunha mínima variación, para meter máis palla no EsIA e semellar seriedade e rigor
6. E voilá: “seleccionan” finalmente a alternativa de “menor impacto”… que ven sendo a que xa querían facer sen EsIA, pero os plastas ecoloxistas fixéronlles perder o tempo no seu timing na procura dos votos. FIN (si: baseado en feitos reais).
Bonus: Despois ven a “transparencia”: a “participación pública” e finalmente a Declaración de Impacto Ambiental, onde “aceptan” algunha suxerencias -parecer serios é esencial- sempre que non incordie ao proxecto concebido no minuto 1.


Pola súa parte Mobi-liza explica os motivos para oporse a essa obra absurda: impacto ambiental, impacto paisagístico, custe económico. A proposta que fam é a mais lógica e que alguns levamos anos pedindo: um passo peonil na ponte da Passagem a um nível inferior aos veículos. Tal como me lembram, algo similar -nom idéntico- ao que precisamente existe sob a autoestrada, kilómetros rio arriba da própria ria do Burgo, onde bicicletas e peões podem cruzar o rio pola ponte baixa de madeira.